O Casal Lambda é un centro asociativo sen ánimo de lucro que ten como obxectivo a normalización do feito homosexual. Desde 1976 oferece a gais e lésbicas un espazo de encontro e orientación, e un Centro de Información e Documentación destes temas dirixido de xeito especial a profisionais e investigadores.

O Casal Lambda leva a cabo un importante labor de proxección social a partir das suas actividades culturais e do traballo continuado de sensibilización cara as institucións públicas, os partidos políticos e o conxunto da sociedade.

Os Servizos do Casal Lambda:
  • Servizo de Información
  • Centro de Documentación
  • Asesoramento Psicolóxico
  • Atención Xurídica
  • Asesoramento de Saude
  • Saude e Sida
  • A revista Lambda
  • A Proxección Social e Cultural
  • A Tarxeta Lambda
  • A Tarxeta Familiar

 

Os Grupos e as Comisións:

  • Grupo de Novos
  • Grupo de Lésbicas
  • Grupo de Xente Vella
  • Grupos de Actividades
  • Comisións de Traballo

Convocatórias anuais salientáveis:

 

O Casal Lambda é unha entidade concertada co Concello de Barcelona, a Deputación de Barcelona e o Departamento de Benestar Social e a Secretaria Xeral de Xuventude da Generalitat de Catalunya.

O obxectivo principal do Casal Lambda é a normalización social da homosexualidade. A miudo a falla de recoñecemento social leva aos gais e lésbicas a recluiren a sua vida sexual e afectiva a circuitos pechados o que lles ocasiona dificuldades para asumiren a sua própria orientación sexual, producindo-se ao tempo situacións de discriminación.

O Casal Lambda pode levar a cabo os seus proxectos grácias às aportacións económicas dos seus asociados e ao traballo voluntário e desinteresado de moitas persoas. Se cres que as ONG's podemos contribuir a mudar as cousas, ti tamén te podes asociar ao Casal Lambda. E lembra que coa Tarxeta Lambda desfrutarás dunha chea de descontos e avantaxes en tendas, servizos e estabelecementos de todo tipo que colaboran connosco en todo o Estado Español.

 

Entra no Casal Lambda

(versión en castelan)

 

Free counter and web stats